meiga, -o

Persoa con coñecementos de medicina natural e que se supón que ten poderes sobrenaturais, que adiviña o porvir, realiza curacións etc.

Etimoloxía

Chegounos a través do latín magicus, -a, -um 'máxico', que o tomara do grego.

Exemplos *

“Que unha muller así se preocupase polos sentimentos dunha simple mortal non lle acaía ben á súa reputación de meiga cruel e vingativa.” (Begoña Caamaño: Circe ou o pracer do azul, 2009)

“O meu nome é Morgana. Morgana de Cornualles. Morgana de Tintaxel. Morgana de Ávalon. Morgana de Camelot. Morgana, a filla de Garlois. A irmá do rei. A sabia. A druída. A meiga. A fada. A bruxa. A puta. Chamádeme como queirades. Tanto ten.” (Begoña Caamaño: Morgana en Esmelle, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.