meiga

Muller á que se lle atribuía un pauto co demo, do que recibía poderes para realizar meigallos, adiviñar o futuro etc.

Etimoloxía

Chegounos a través do latín magicus, -a, -um 'máxico', que o tomara do grego.

Exemplos *

"Ah, e ten coidado con ela, con esa meiga, que non che bote o mal de ollo." (Ursula Heinze: O soño perdido de Elvira M.)

"Estas ideas en torno ás meigas, transmitidas pola lenda e o conto, pola tradición en fin, imprime na masa popular un temor e unha veneración á vez por estas mulleres misteriosas posuidoras de tantos "poderes"." (Manuel Cabaleiro Goás: A psiquiatría na medicina popular galega)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.