meigallo

Acción máxica que provoca algún acontecemento ou certos efectos nunha persoa, nun animal etc., polo xeral negativos

Etimoloxía

Vocábulo que se forma sobre “meigo” que bebe no latín magicum ‘máxico’.

Exemplos *

“Ao remate daquela noite de cachelas purificadoras para espantar ós meigallos, Argimiro botoulle unha última ollada ao Arcimboldo e sorriu, pechou o negocio e foise na procura dalgún garito para tomar unha copa antes de durmir.” (Santiago Pazos: Contos de taberna, 2014)

“En varios lugares empregábase un ramo de oliveira para curar certas doenzas imaxinarias (...). Noutros, para o tratamento do meigallo, do que é unha mostra a romaría de Belvís, en Compostela.” (Vítor Vaqueiro: Mitoloxía de Galiza. Lendas, tradicións, maxias, santos e milagres, 2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.