meixengra

Paxaro da familia dos páridos, coa cabeza, gorxa e centro do peito negros, fazulas brancas, dorso verdoso, rabadilla cincenta e peito amarelo

Etimoloxía

Nome que garda relación co xermánico meisinga denominación da ave tamén.

Exemplos *

“Había unha horta de froiteiros espidos, castigados pola invernía e, máis abaixo, un desaugadoiro infecto que tinxía o río de marrón escuro. Non vin indicios nin cousa parecida, só unha familia de ratas malhumoradas e unha meixengra pousada nun salgueiro.” (Bieito Iglesias: Miss Ourense, 2016)

“Síntote na meixengra que sempre regresa / na amizade que navegou a estiaxe, pucharca tras pucharca, / mágoa tras mágoa e buscoute no fondo / onde só é o perdido, no baleiro do van / que cae e que se eleva nunha dor indivisible.” (Anselmo López Carreira: O Miño, un caudal de historia, 2024)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.