Substancia doce e espesa que elaboran as abellas co néctar que extrae das flores.
Etimoloxía
Procede do nome latino desta substancia, mel, mellis.
Exemplos *
"Entón todos deberán xuntarse á beira do río e dar cumprida conta da comida que levaron da casa: o xamón, o queixo, o mel e mais o viño." (Xosé Lois Ripalda: O país dos mil ríos)
"Mentres lle ofrecía nunha cunca un grolo de leite mesturado con mel, agarimouna cun sorriso que aliviou o seu abatemento." (Xerardo AgraFoxo: O violinista de Malá Strana)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.