Persoa que se dedica á elaboración ou venda do mel
Etimoloxía
Termo creado por derivación sobre a base mel que procede do latín mel co mesmo significado.
Exemplos *
“Máis tardiamente deixáronse ver pola cidade uns vendedores itinerantes, coas súas zapatillas de alpargata, como os meleiros, que voceaban o mel da Alcarria e ían de casa en casa ou polas feiras; ás veces ampliaban as súas vendas con queixos e embutidos caseiros.” (Guillermo Llorca Freire: Ferrol: memoria da vida cotiá, alimentación, oficios, tempo de lecer, tempo de fogar, 2008)
“As leiteiras ou mulleres que veñen vende-lo leite ós domicilios de cidades e vilas ; as castañeiras que teñen por oficio comerciar coas castañas; os apicultores e meleiros dedicados a producir e vende-lo mel e derivados.” (Xosé Antonio Fidalgo Santamariña: Os saberes tradicionais do galegos, 2001)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.