melena

Conxunto de cabelos longos e abundantes dunha persoa

Etimoloxía

Crese que pode vir do árabe hispánico muláyyina, e este bebería do clásico mulayyinah 'amortecedora'.

Exemplos *

“−Cala a boca! É pola hixiene. As melenas son unha porcallada. Xa medrará cando saias, se...” (Marilar Aleixandre: As malas mulleres, 2021)

“Satisfeita, a moza apurou aínda máis a súa marcha, logrando que a súa longa melena loura bailase coma un vaivén de ondas sobre as súas costas.” (María Oruña: O souto dos catro ventos, 2021)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.