Doce pequeno feito con mel.
Etimoloxía
A palabra crese que vén do termo francés antigo melide 'lugar ou situación deliciosa' que, á súa vez, procede do latín melita, nome da illa de Malta.
Exemplos *
"Melindres, abelás, e sobre todo rosquillas, esas torres de rosquillas que, antes dos plásticos de agora, vertebraban as vendedoras en xuncos ou xestas, eran a ilusión dos pequechos." (Marcial Gondar Portasany: Crítica da razón galega. Entre o nós-mesmos e o nós-outros)
"…merca dous garabullos de melindres, tan altos que case tallan co Curado." (Xosé Vázquez Pintor: A memoria do boi)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


