melocotón

Drupa que ten como froito o melocotoeiro, coa polpa carnosa de cor amarela ou abrancazada e pel xeralmente aveludada.

Etimoloxía

Procede da expresión latina malum cotonium, que designaba inicialmente o marmelo.

Exemplos *

“No concurso gastronómico a xouba apareceu acompañada de ameixas, maionesa, pementos de Padrón, patacas cocidas e incluso con melocotón …” (Mariano García e Fina Casalderrey: Festas gastronómicas de Galicia. Festas, receitas, calendario e puntos de interese turístico)

“… porque lle chamaban a atención cousas que ela consideraba totalmente naturais: que debaixo da terra medrasen as patacas, que o leite saíse polos tetos da vaca, que os melocotóns madurecesen na árbore ou que as galiñas ofrecesen decote o milagre dun ovo novo.” (Agustín Fernández Paz: O centro do labirinto)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí