Afección desmesurada pola música
Etimoloxía
Palabra formada pola voz grega mélos 'canto con acompañamento de música' e a terminación -manía que dá a idea de ‘afección apaixonada’.
Exemplos *
“A melomanía que profesaba achegáralle unha certa sona de muller sensible, malia que logo se comportase de forma cruel e arbitraria coas presas que tiña ao seu cargo.” (Alberto Canal: O amor nos escuros días de Birkenau, 2016)
“A paixón polo tema da música −nunha hipérbole evidente, toda vez que a melomanía non é, en absoluto, substituta posible para a pulsión libidinal, por máis que poida ser consolo e compañía.” (Manuel Forcadela: Dama Saudade e o Cabaleiro Sombra, nº 4, 1997)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


