melón

Froito desta planta, arredondado ou elipsoidal, coa pel e a polpa de distintas cores segundo as variedades e un oco no centro onde están as sementes

Etimoloxía

Palabra que parte do grego melopépon pero chega ao galego desde o latín melonis co mesmo significado.

Exemplos *

“De repente, cheirou a mazarocas asadas mesturado co recendo doce do melón churruscado.” (Henrique Dacosta: Unha mada de doce relatos/ A batalla das medorras, 2008)

“Tomou o seu zurrón e sacou unha laranxa , unha laranxa enorme, do tamaño dun melón (...)” (Antonio Piñeiro: As fiandeiras, 2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.