meloso, -a

Que mostra cariño e afecto / Que é semellante ao mel nalgunha das súas propiedades

Etimoloxía

Adxectivo que procede da voz latina mellosus ‘de mel’, ‘doce coma o mel’.

Exemplos *

“E agora que xa camiñaban tendo á vista as torres fachendosas de Gaza, cando el e ela lembraban a melosa fala mariñeira das mulleres e os homes que por alí con agarimo os atenderan, cando espetaban a orella a canto podían con esperanza de volver sentir as doces parolas populares do país.” (Bernardino Graña: Protoevanxeo do neto de Herodes, 2006)

“Ten medo de que, efectivamente, Xosé metese aquel verso ridículo e meloso nun sobre co seu nome.” (Ana Cabaleiro: Sapos e sereas, 2017)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.