Idea ou concepto en formato de texto ou audiovisual que se espalla rapidamente a través de Internet, xeralmente de carácter humorístico e suxeito a pequenas variacións
Etimoloxía
Vocábulo de orixe anglosaxoa, creado en 1976 por Richard Dawkins.
Exemplos *
“Por iso ao meme do ano pasado que deu por converter a varias princesas Disney en hipsters faltáballe algo, faltáballe alma, faltábanlle cancións!” (Ana Bulnes: Disquecool, 10-2012)
“O descoñecemento segue a ser a raíz que permanece incólume. A semente que permitiu que este acto histórico mudase en carne de meme nas redes sociais.” (Laura novelle: Nós Diario, 6-11-2019)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.