menestrel

Músico que executaba o acompañamento musical das cantigas medievais

Etimoloxía

Vocábulo que procede do equivalente francés menestrel.

Exemplos *

“Sente os mozos de coro, había outros nove cantores e sete músicos ou menestreis, como entón lles chamaban, que o mestre coidaba de ter ben adoutrinados.” (Antonio López Ferreiro: A tecedeira Bonaval, 1895)

“En 1625 fúndase a confraría de San Antonio, dos menestreis da Santa Igrexa de Ourense, que tocaban instrumentos de tiple, contralto, tenor, chirimía.” (Olga Gallego Domínguez: A cidade de Ourense. Unha visión a través dos séculos, 2001)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.