meniña

Orificio redondo no centro do iris por onde entran os raios de luz no ollo

Etimoloxía

Segundo Corominas a orixe do termo é expresiva.

Exemplos *

“Arregalade os ollos, / franqueade as meniñas dos ollos, oh poetas. / É mentira e falacia esta brancura.” (Bernardino Graña: Se o noso amor e os peixe, 1980)

“Cando remáte-lo sarao do amor prohibido / e despidas na noite os teus convidados, / garda na meniña dos ollos unha cunca de ledicia / pra min, / que vou en peregrinaxe ó teu castelo.” (Fiz Vergara Vilariño: Nos eidos da bremanza, 1990)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.