Neno ou nena que naceu hai pouco tempo ou que ten pouca idade
Etimoloxía
Xógase coa hipótese que poida ter unha orixe prelatina.
Exemplos *
“Tan escaso saíu o meniño que a nai exclamou en canto o viu: que feo é, retrucándolle a avoa: non te apures, ha de ser o máis guapo de todos.” (Xabier Paz: As vidas de Nito, 2013)
“As meniñas que pasan ao meu carón, parrafeando en catalán, campan elegantes e modernas .” (Bieito Iglesias: Contos da terra tarde, 2011)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.