mensaxe

Conxunto de palabras dirixidas a alguén, de xeito oral ou por escrito, para comunicarlle algo

Etimoloxía

Palabra que procede do occitano messatge, que é unha formación sobre mes 'mensaxeiro', recollido do latín missus 'enviado', e o sufixo -atge '-axe'.

Exemplos *

“Ergueuse entón a raíña do asento en que se encontraba, recolleu rapidamente os anacos que conformaban a mensaxe e agochounos no interior dun cofre xunto coas falsa penas verdes do paxaro.” (Begoña Caamaño: Circe ou o pracer do azul, 2009)

“E mandou o meu señor Merlín o portador de tan feliz mensaxe á cociña, para que o bo saber de Marcelina lle axudase a repor as forzas.” (Begoña Caamaño: Morgana en Esmelle, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.