mercador, -a

Persoa que comercia con mercancías

Etimoloxía

Palabra que deriva do termo latino mercator, -oris ‘comerciante ou negociante’.

Exemplos *

“Daquela unicamente nos queda a esperanza de que meu amigo o mercador árabe Dagambé se anime a prestarnos unha axuda que hai tempo me vén ofrecendo , aínda que non sei cando se vai concretar .” (Xosé Manuel Martínez Oca: As florestas do Mañuema, 1998)

“Cando o 9 de abril de 1471 Pedro da Lama e o mercador Loys de Baceiredo compran unha viña en Ervedelo, alén de abonar a cantidade de 4.000 pares de brancas, comprométense a satisfacer ó Cabido a renda anual do sexto da colleita.” (Anselmo López Carreira: Ourense no século XV. Economía e sociedade urbana na Baixa Idade Media, 1991)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.