mércores

Día da semana que segue ao martes e precede ao xoves.

Etimoloxía

Este era o día consagrado ao deus Mercurio, é dicir, dies Mercuri.

Exemplos *

“… os luns cos baldes enriba da cabeza andando deica a Coruña para recolleren a roupa polas casas, os martes lavala no río, os mércores e os xoves poñela a secar …” (Antón Riveiro Coello: As rulas de Bakunin)

“Luns, gramática; martes, aritmética; mércores, historia; xoves, xeografía; venres, xeometría…” (Xesús Rábade Paredes: Como levar un morto)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.