merenda

Comida lixeira que se toma entre o xantar e a cea

Etimoloxía

Voz que procede da latina merenda de significado semellante.

Exemplos *

“Levaba os nefres embriagados de madresilva, do recendo das fontes da infancia, con mamá e con merenda campestre ó pé do manancial.” (Bieito Iglesias Araúxo: A vida apoteósica, 2001)

“Celébranse as festas en agosto, despois do San Roque: as barcas, cunha plataforma onde se coloca a mesa de xantar, adornadas de ramallos e flores, remontan o río para gozar da merenda na que non pode faltar a empanada e mais a tortilla.” (Fausto Galdo: Abecedario das mantenzas, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.