Xénero musical e baile de orixe dominicana de ritmo moi movido.
Etimoloxía
Probablemente chegase do francés meringue, primeiro para aplicalo a unha preparación culinaria e despois ao baile.
Exemplos *
"Íspete, di, ensinareite a bailar o merengue." (Xosé Antonio Perozo: Martázul)
"… os concursantes desta noite competirán a ritmo de merengue para acadar algún dos fabulosos premios que cada semana se ofrecen na última proba do concurso …" (O Correo Galego 14-02-1995)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.