mergullar

Meter algo ou alguén na auga ata quedar cuberto por ela.

Etimoloxía

Evolucionou a partir da forma do latín vulgar merguliare, creada sobre o nome dunha ave, mergus, -i (´mergullón')

Exemplos *

"Aínda sen falaren, colleron ar, como se fosen mergullar no mar, e entraron de vagar pensando moito onde poñían os pés." (Antón Cortizas: Leonel)

"… estivo a piques de pisar algo vivo, algo lixeiro que a asustou e que deu un brinco ata se ir mergullar na auga dunha poza que ela acababa de evitar." (Paco Martín: A bisneta lercha)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.