merlo

Paxaro da familia dos túrdidos (Turdus merula), de plumaxe negra no macho e castaña na femia, co peteiro amarelo e de canto agradable.

Etimoloxía

Este nome provén do latín merulus, forma popular que se orixinou a partir do clásico merula.

Exemplos *

"Un merlo procura a mantenza entre a herba a carón da pedra que cobre a tumba de frei Xoán, pero escapa voando ó chegar eles." (Marilar Aleixandre: Tránsito dos gramáticos)

"Un merlo cantaba con insistencia, con fachenda de señor, a súa harmonía." (Xesús Valcárcel: Matar o tempo)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.