Establecemento no que se serve comida e bebida
Etimoloxía
Termo que procede do latino mansio, -ōnis 'pousada', coa influencia da voz francesa maison.
Exemplos *
“Ollaron pró mesón no que se tivo o consello de guerra presidido por Cachafeiro, cruzaron as canellas lamiguentas do pobo, e sin se mirar un ó outro rezaron no pequeno cemiterio de San Estebo de Paleo.” (Ramón Otero Pedrayo: Os camiños da vida, 1928)
“(...) non lle quedara outro remedio ao de Guilhade que resolver ficaren alí, naquela pousada extramuros, de moi boa aparencia e cun recendo a boas viandas que saía pola porta aberta do mesón, sito na planta baixa do local.” (Manuel Portas: Lourenço, xograr, 2017)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


