mestre, -a

Persoa con título oficial para exercer o ensino primario.

Etimoloxía

Vén da forma latina magister, -tri 'o que dirixe' e tamén 'o que ensina'.

Exemplos *

"Non me dixo nada da súa viaxe por outras capitais centroeuropeas nin sobre a súa contratación como mestre nunha escola de idiomas." (Xerardo AgraFoxo: O violinista de Malá Strana)

"Non semellaba un vagabundo en absoluto, máis ben tiña o aire dun mestre de escola a piques de se retirar …" (Uxía Casal: Vidas exemplares)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.