mestre, -a

Persoa que ensina calquera tipo de materia, tendo ou non título oficial para facelo

Etimoloxía

Vocábulo que deriva do latín magister que significa ‘o que manda, guía ou ensina’.

Exemplos *

“Regresaremos, ao solpor, de mans dadas, / facéndonos xuramentos en verso, aos que porá música o mestre Grilo.” (Ricardo Carballo Calero: O silenzo axionllado, 1934)

“Manuel Comellas Coimbra foi mestre de tres xerazóns de estudantes, da terceira formaba parte o escolar Ricardo (...). Aquelas primeiras experiencias escolares tiveron unha grande influencia no futuro do escritor." (Aurora Marco: Foula e ronsel. Os anos que marcaron a biografía de Carvalho Calero (1910-1941), 2020)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.