meta

Aquilo que se pretende alcanzar

Etimoloxía

Termo que procede do latín meta ‘figura cónica’.

Exemplos *

“No que respecta ás metas, unha das máis importantes -ademais da vitoria, claro está- pasa por acadar a unidade no seo do propio partido.” (Martina F. Bañobre: A Nosa Terra, 24-10-2002)

“Como consecuencia diso, conforman as metas que nos propomos, os planos que facemos, a nosa maneira de actuar e aquilo que conta como o resultado bo ou malo das nosas accións.” (David Rodríguez: Retomando a palabra Das  guerras culturais ao crack financeiro, 2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.