Parte da folosofía que ten por obxecto a busca racional do coñecemento do ser absoluto, das causas primeiras do Universo e dos principios do coñecemento.
Etimoloxía
Procede do latín medieval metaphysica, adaptación da expresión grega metà tà physiká 'despois da física' (na clasificación das obras de Aristóteles).
Exemplos *
"O realismo, finalmente, é unha metafísica na que o pensar descobre o ser, pero o ser está máis aló do mesmo pensar" (Ramón Regueira: X.V. Viqueira: Teoría e praxe)
"Non serei nunca doutora en filosofía e abofé que o lamento, que sería un posto moi reivindicativo, no que podería escintilar co meu propio brillo, amais de apampar aos asistentes a congresos que buscasen un especialista en metafísica ou ontoloxía …" (Teresa Moure: Herba moura)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.