Fragmento dun corpo celeste que atravesa a atmosfera terrestre e alcanza a superficie da Terra.
Etimoloxía
É unha creación sobre meteoro que deriva do grego meteora 'algo elevado no aire' ao que se lle engade o sufixo –ito 'pedra'.
Exemplos *
"Unha choiva de meteoritos galanteaban no firmamento, temerosos de que as súas irmás maiores lles berrasen por ofrecer espectáculo tan fugaz." (Xosé Carlos Fernández Caínzos: Os pés espidos do destino)
"Recentes investigacións refutan a hipótese de que a extinción dos dinosauros foi debida ao impacto dun meteorito hai 65 millóns de anos." (I. Klintborn: Galicia Hoxe 28-04-2009)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.