Especialista en meteoroloxía
Etimoloxía
Termo culto procedente do equivalente grego meteórológos que significaba ‘aquel que diserta sobre os seres e fenómenos celestes’.
Exemplos *
“Elías Brimarán, incrible meteorólogo en Suíza, intercepta treboadas nos Alpes voando na súa avioneta.” (Teresa González Costa: A filla do ladrón de bicicletas, 2011)
“A meteoróloga da radio atinou: a anómala estación de temperatura estival, de ceos límpidos, de corpos en flor, acabou.” (Ricardo C. Mora: A cidade dos anxos, 2011)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.