meteoroloxía

Ciencia que estuda os fenómenos que teñen lugar na atmosfera.

Etimoloxía

Procede do grego meteorología, formado sobre metéoros 'fenómeno celeste'.

Exemplos *

"… problemas tan fundamentais para a meteoroloxía e a climatoloxía de hoxe, como son os derivados do "cambio climático", só poden ser encarados, con xeito, se a todo o aparato conceptual e instrumental co que se está hoxe a traballar se lle engade tamén a perspectiva do seu devir e a súa proxección histórica" (Francisco Díaz-Fierros Viqueira: Historia da meteoroloxía e da climatoloxía en Galicia)

"A tecnoloxía fai proxeccións sobre o futuro do planeta, da economía, da meteoroloxía, dos recursos pesqueiros e de case todo." (Xosé M. Rivas Troitiño: Galicia Hoxe 03-04-2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.