metrópole

Cidade grande e importante no aspecto político ou económico.

Etimoloxía

Herdámola do grego, onde a metrópolis era a 'cidade natal', composta a partir de metra 'matriz' e polis 'cidade'.

Exemplos *

"… levamos a existencia do idioma e da literatura de Galiza á cidade máis grande do actual Marrocos, situada entre Fez e Marraquech, sen dúbida unha das grandes metrópoles africanas." (Miguel Anxo Fernán Vello: Galicia Hoxe 17-02-2005)

"O documento advertía que se firmaba en Montevideo, "neste lugar de América, que pode considerarse como a metrópole ideal dunha Galicia libre"." (Cristina Samuelle: Conversas con Manuel Meilán)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.