mexillón

Molusco bivalvo comestible, da orde dos mitílidos (Mytilus galloprovincialis) de cuncha entre azul escura e negra.

Etimoloxía

Procede dunha forma muscellio,-onis, do latín hispánico, derivado de muscellus, que era, pola súa banda, diminutivo de musculus, ‘mexillón’.

Exemplos *

"Tiña catorce anos cando se botóu a pescar sardiñas coa rede xeiteira na ría de Ares, ó tempo que se adicaba a coller mexillón e patexo, con bou, pra estercar unhas guicholas que a familia traballaba." (Xosé Neira Vilas: Galegos no Golfo de México)

"Toda a ilusión do meu home foi sempre poder poñer unha batea de mexillón …" (Marcial Gondar Portasany: Mulleres de mortos: cara a unha antropoloxía da muller galega)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.