miañar

Emitir o gato o seu son característico

Etimoloxía

A orixe da palabra é onomatopea tentando imitar os sons que emiten os gatos.

Exemplos *

“-Grazas -responde Alek, mentres cruza o limiar, xusto no momento no que o gato comeza a miañar.” (Ignacio Escolar: 31 noites, 2012)

“Por certo, sabedes que onte o meu gato púxose a miañar cando Serafina pasou pola rúa na súa bicicleta ? _ preguntou Estevo, o dono do supermercado.” (Teresa González Costa: A filla do ladrón de bicicletas, 2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.