miar

O gato emitir o seu son característico

Etimoloxía

Palabra formada sobre a onomatopea miau.

Exemplos *

“O neno chora cunha especie de calma. En intervalos case medidos, como se meditase cada choro. Soa distante, na órbita do chiar das gaivotas e o miar de gatos que baixa do tellado. A fauna dos lampos de luz do faro. Son segundos. A xente, polo xeral, non está disposta a que as onomatopeas da noite ocupen o baleiro.” (Manuel Rivas: Os libro arden mal, 2006)

“Espértame o miar do gato pequeno. Chora pola nai, indefenso, acabado de destetar, encastelado nun recuncho e bufando cando lle levo o prato do leite.” (Xesús Manuel Marcos: Terra queimada, 1997)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.