Onomatopea da voz do gato
Etimoloxía
Vocábulo onomatopeico que intenta reproducir o miañar dos gatos.
Exemplos *
“Cristal, cun inesperado "miau" asusta a tía e cóllea á vez polo lombo coas uñas-poutas. A tía papa un susto espantoso, só exclama un longo "iiiiih".” (Úrsula Heinze: Anaiansi, 1989)
“Toco Manuel bota na tarde as liñas no peirao e espera: sempre cae algo para comer e vender e se non están os gatos, cen gatos bravos, fillos do amor, que buscan vida. «Miau» e veñen cento cinco a papar muxos.” (Xosé Vázquez Pintor: A memoria do boi, 2001)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


