micho, a

Mamífero carnívoro da familia dos félidos, doméstico, de cabeza pequena e arredondada, ollos brillantes que se adaptan á visión nocturna, patas curtas con fortes uñas retráctiles, pelo mesto e suave, rabo longo, do que existen moitas razas

Etimoloxía

Crese que a orixe do termo está na voz que se emprega para chamar aos gatos.

Exemplos *

“O micho rosma e rabuña, é astuto e cariñoso, salta dun lado para outro e vai e vén en silencio.” (Carlos Luís Rodríguez: O Correo Galego, 1999)

“Alí, co gato no colo, saudosa e melancólica, como falándolle ao micho, atendendo, pero só de cando en vez, a parada militar, reina Naia.” (Francisco Castro: O segredo de Marco Polo, 2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.