Voz familiar para denominar o gato
Etimoloxía
Palabra de orixe onomatopeica.
Exemplos *
“O mico pinto da Fardela, á hora da cea ven ver o lume dende o teu colo e fai que treme para que o acariñes. Entón pecha os ollos, mansiño, e ás veces roxe por dentro.” (Carmen Pereiras: Pequenos infinitos, 2008)
“A muller deixou no chan o precioso miquiño que acariñaba no colo. -De todos xeitos, dixo con voz queda, quixera contarlle unha pequena historia sen importancia. -Era unha vez un circo que percorría todos os camiños de Francia, montando e desmontando aquí e alí a gran tenda da ilusión.” (Xoán Fuentes Castro: O pescador de cana, 2006)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


