micrófono

Aparello eléctrico que transforma os sons en vibración eléctricas e pode transmitilos e amplificalos.

Etimoloxía

Palabra composta dos elementos de orixe grega micro- 'pequeno' e -fono 'son'.

Exemplos *

"El será o encargado de manexar a mesa de control, e de prepararvos o micrófono." (Luís Rei Núñez: Expediente Artieda)

"A luz vermella volve acenderse e Mónica apañou precipitadamente os teletipos para inclinarse sobre o micrófono e tomar a palabra outra vez." (Francisco Alonso: Cemiterio de elefantes)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.