Organismo vivente só visible ao microscopio
Etimoloxía
Ao vocábulo latino organum, ‘instrumento’, engadéselle o sufixo –ismo; e logo o prefixo micro- que procede do grego mikros ‘pequeno’.
Exemplos *
“Outra teoría fai alusión á selección natural e á evolución, que nos microorganismos patóxenos tende a diminuí-la súa virulencia (...)” (Xerardo Neira: Galicia Hoxe, 27-05-2002)
“Aínda que é moito o que se ten investigado sobre os microorganismos mariños (...) estamos comezando a coñecer as repercusións que as mareas negras ocasionan sobre eles.” (Xaquín Penas Patiño: A arca de Noé. Elementos de Oceanografía e Bioloxía mariña, 2006)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.