miga

Anaquiño moi pequeno que se desprende do pan ou doutro alimento feito con fariña, por exemplo, os doces ou as galletas.

Etimoloxía

Procede da forma latina mica 'anaco, partícula'.

Exemplos *

"Parte unha miga de pan, e molla no aceite con acenos enérxicos e cun ollo posto no Marca." (Xerardo Méndez: As horas que nos quedan)

"… as pombas que minutos antes buscaban ávidas, famentas, as migas arreboladas no chan do parque polos poucos que sacaban do peto anacos de pan, miolos, bolsas que contiñan as rafas sobrantes do xantar." (Xosé Carlos Caneiro: Un xogo de apócrifos)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.