Anaquiño moi pequeno que se desprende do pan ou doutro alimento feito con fariña, por exemplo, doces ou galletas
Etimoloxía
Palabra que se forma sobre estoutra “miga” que deriva do latín mica ‘miolo de pan’.
Exemplos *
“Un ano máis, o menú estivo composto por migallas de pan con chícharos, patacas con bacallau, papas de arroz, viño, boroa, pan, café e caña, todo iso servido en vaixela de barro de Buño.” (J. Trillo: O Correo Galego, 4-2-1996)
“E así seguiron as cousas, sen ningún acontecemento que diferenciase unha xornada doutra, salvo as horas en que se producían a maré chea e a baixa, os xantares en que había caldo con unto e os que eran de ruíns fabocas cunhas migallas de chourizo, cun ritmo monótono e repetitivo en que cheguei a sentirme, máis ca nunca, un barco abandonado no cais.” (Xosé Miranda: Morning Star, 1998)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.