migración

Viaxe, polo xeral entre períodos de tempo regulares, que realizan certos animais para cambiar de lugar

Etimoloxía

Vocábulo culto que deriva do latino migratio ‘paso dun lugar a outro’.

Exemplos *

“Sábese que non fai migración como as anguías pero ten que acadar grandes presións para realizar a desova polo que ha de buscar moita profundidade.” (Xosé Salvadores: Cerna. Revista galega de ecoloxía e medio ambiente, 3-2013)

“Cando eu era nena alí había unha xunqueira bordeada de salgueiros, a auga apozaba nunha especie de lagoa na que as aves recalaban a metade de migración.” (Xurxo Borrazás: Costa Norte/ZFK, 2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.