migueliño, -a

Figo que madura polo san Miguel, a finais de setembro

Etimoloxía

Denominación que se crea sobre o nome propio Miguel que procede do hebreo mikael que significa ‘quen coma Deus?’.

Exemplos *

“Saib vende tonalidades. Nos inmensos andeis do establecemento, hainas de todos os tipos: a incendiada folla de outono, a póla parda da carqueixa, a polpa púrpura do figo migueliño, a pluma ocre do xílgaro, o cromatismo das olivas de Meknes, o verdor do cilantro... Ninguén se interesa pola tonalidadería de Saib, pero el resiste estación tras estación.” (Fernando Díaz-Castroverde: Microbios e outros paquidermos, 2011)

“Deles xa se fala na Biblia. Son propios de secaño, dise que moi mediterráneos, aínda que se dan moi ben en Galicia, que os temos dende xuño a outono, datas en que andan en comida os derradeiros, os pequenos e gustosos figos migueliños, que para moitos son os mellores.” (Fausto Galdo: Abecedario das mantezas, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.