milanesa

Filete de carne empanado

Etimoloxía

A palabra está relacionada co topónimo Milano, pero desde a denominación cotoletta alla milanese ‘costeleta á milanesa’.

Exemplos *

“Entre as ducias de mesóns e restaurantes da volta, decídome por un que anuncia no pequeno encerado da entrada menú do día por nove euros. Ensalada, friames ou caldo; pescada á romana, milanesa ou xamón asado. Bótolle un tento ás esencias e pido caldo e xamón asado.” (Xabier López López: Os libros prestados, 2010)

“Quedaba a un paso da facultade de Historia, o prezo convíñame e por parte estaba cerca do Bar Ferrol, que servía comidas por abono, con dereito a xantares a base de polbo guisado, milanesa e un peixe que se facía pasar por abadexo.”(Bieito Iglesias: A historia escríbese de noite, 2001)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.