milfollas

Doce de forma rectangular feito de dúas ou máis capas de masa de follado recubertas de crema ou merengue

Etimoloxía

Termo creado sobre o aspecto do doce que ten varias capas semellante a follas.

Exemplos *

“Blas deixounos a todos ocupados nos cafés con leite e nos croissants, nos milfollas que lle recordaron ós da pastelería da rúa do Progreso, aqueles que desexara tanto, tantas veces, e ausentouse a camiñar polo Paseo adiante.” (Alfredo Conde: Sempre me matan, 1995)

“Na panadería xa tiñan encargada a empanada de bonito e o pastelón de merengue e milfollas.” (Xurxo Borrazás: Costa Norte/ ZFK, 2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.