miliario

Marco que sinalaba as distancias nas calzadas romanas

Etimoloxía

Palabra que nos leva ao latín milliarius ‘columna que indicaba unha milla’.

Exemplos *

“Os peregrinos empregaron as vías romanas para chegaren a Santiago, polo que é lóxico pensar que os miliarios fosen trocados por cruces.” (Begoña Bas López: Construccións populares galegas, 1980)

“Da antigüidade perdura un miliario romano, dedicado ó cruel emperador Calígula (39 d. C.), que formaba parte do balizamento da vía de Lisboa a Braga.” (Antón Pombo: O Correo Galego, 12-5-2002)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.