Planta silvestre e flor da familia das escrofulariáceas, de talo ergueito, follas basais e inflorescencia de ata trinta centímetros de alto con numerosas flores con forma de alferga, corola de cor púrpura ou rosada e interior branco punteado de vermello
Etimoloxía
Denominación descritiva que se forma co numeral “mil” e o substantivo “croque”.
Exemplos *
“Renacen as abrulas —abeloiras, belicroques, crocas, dedaleiras, estraloques, milicroques, sanxoáns…—canda o cuco e as andoriñas que tamén, á súa maneira, florecen de amor en primavera.” (Antonio Reigosa: El Progreso, 16-5- 2022)
“No mes do San Xoán os milicroques (plantas dixitais) protexen a facenda familiar (casas, cortes...).” (José Manuel Blanco Prado: Os animais domésticos na historia de Galicia, 2008)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.