militar

Persoa que é membro do exército

Etimoloxía

Termo que remite ao latín militare ‘soldado’.

Exemplos *

“Unha xefa de policía, unha militar e unha voluntaria: a guerra de Ucraína, vista por tres mulleres.” (Irene Savio: La Opinión – A Coruña, 8-3-2023)

A militar realizou numerosas queixas verbais e escritas e finalmente solicitou unha baixa laboral por unha situación de estrés, depresión e ansiedade.” (Marcos Pérez Pena: Praza, 5-2-2020)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.