Cantidade moi grande de diñeiro.
Etimoloxía
É un derivado de millón, palabra que puido chegar desde o francés (million) ou desde o italiano (millione).
Exemplos *
"… non creo eu que nos vaian dar unha millonada sen ter pegado un tiro, pero benvido sexa un céntimo máis para o peto noso." (Bernardo Máiz: Nautilus 1892-94)
"¿Estasme a contar que tes unha millonada no maleteiro deste coche?" (Xurxo Borrazás: Na maleta)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


